Publicador de contidos
Publicador de contidos

A CHMS esixe protección para bañistas fronte ao paso das embarcacións na praia da Cova

A CHMS esixe protección para bañistas fronte ao paso das embarcacións na praia da Cova

Empresarios e usuarios sinalan que nunca houbo problemas de convivencia

Piden que se apliquen medidas en todas as zonas de baño ou en ningunha

Praia fluvial da Cova, no Saviñao
G24.gal 30/07/2024 19:37 Última actualización 30/07/2024 20:01

Nos 30 quilómetros que separan os encoros de Belesar e Peares hai cada vez máis actividades turísticas públicas e privadas. Un dos lugares máis concorridos é o coñecido como praia da Cova, onde levan anos convivindo embarcacións lixeiras, sen motor, catamaráns e bañistas sen que houbera problemas. Agora a Confederación Hidrográfica Miño-Sil esixe que se tomen medidas para protexer os bañistas do paso das embarcacións, algo que sorprende os empresarios da zona.

"O encoro é moi grande e hai moitas zonas de baño por onde pasan todo tipo de embarcacións e nunca houbo problemas", argumenta Juan Míllara, de Turismo Pantón.

Os usuarios do areal, que non ten a consideración de praia fluvial aínda que leva ese nome, cren que todas as actividades son compatibles e que moitos dos bañistas son tamén clientes das embarcacións.

"A min non me molestan. Creo que hai sitio para todos".

"Se hai embarcacións, temos máis servizos".

Os empresarios sinalan tamén que só se fala deste areal cando hai moitas outras zonas de baño en situación similar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade