Publicador de contidos
Publicador de contidos

A choiva permite desactivar a prealerta por seca en zonas da Coruña e Pontevedra

A choiva permite desactivar a prealerta por seca en zonas da Coruña e Pontevedra

A Oficina Técnica da Seca agarda que aumenten as precipitacións nas vindeiras semanas

A ocupación dos encoros de abastecemento de Galicia Costa atópase 5,52 puntos por riba do mesmo período do ano 2022

G24.gal 25/10/2023 15:18

A Xunta desactivou a prealerta por escaseza de augas nos sistemas de abastecemento do río Lérez, en Pontevedra, e no río Grande, ría de Camariñas e costa da Coruña ata o río Anllóns. O Goberno autonómico informou tras unha reunión coa Oficina Técnica da Seca este mércores, que as choivas rexistradas na terceira semana do mes de outubro produciron un incremento importante nos caudais de modo xeneralizado. Tamén se prevé que continúen en ascenso as precipitacións ao longo das vindeiras semanas.

Con estes datos, a Oficina Técnica da Seca acordou pasar a situación de normalidade estes dous sistemas de abastecemento das provincias da Coruña e Pontevedra. Con todo, no caso do sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña, mantense a situación de alerta por escaseza de auga ao non alcanzarse, por agora, a melloría necesaria no encoro de Cecebre, que aínda se atopa ao 49,59 % de ocupación. Nos sistemas de abastecemento do río Anllóns, Costa da Coruña ata o límite de Arteixo tamén se rexistrou unha mellora da situación ao manterse en nivel de prealerta pola seca. 

Medidas equivalentes a escaseza moderada son as presentes no subsistema de Baiona, no subsistema de explotación do río Verdugo, ría de Vigo e ría de Baiona. A ocupación dos encoros de abastecemento de Galicia Costa é do 63,96 %, 5,52 puntos por riba do mesmo período do ano 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade