A chuvia caída provoca a derruba parcial dunha capela en Boborás

O Concello xa anunciou que, xunto co cura, buscarán os fondos necesarios para rehabilitala

G24.gal 31/10/2023 12:28

A chuvia está causando estragos tamén no patrimonio. No concello ourensán de Boborás derrubouse parte da capela de San Roque, en Pazos de Arenteiro. Veciños, cura e a propia alcaldesa puxeron a salvo os santos.

Técnicos do Concello traballaban esta mañá para apuntalar a estrutura da capela nun intento por evitar que o conxunto se derrube. A capela de San Roque, de orixe medieval, ten un gran valor sentimental para os veciños de Pazos de Arenteiro. O Concello xa anunciou que, xunto co cura, buscarán os fondos necesarios para rehabilitala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade