Publicador de contidos
Publicador de contidos

A cidade da Coruña celebra o Ano Internacional de María Casares

A cidade da Coruña celebra o Ano Internacional de María Casares

Coincidindo co centenario do seu nacemento, hai un amplo programa de actividades relacionadas coa actriz exiliada en Francia

María Casares era filla de Santiago Casares Quiroga, ministro da II República, e foi en Francia a gran dama do teatro

G24.gal 14/03/2022 17:15

María Victoria Casares naceu na Coruña en 1922 e pasou os anos da síua infancia entre esta cidade e Montrove, anos en que se fixo a súa identidade, a da galega que nunca volvería ao país pero que o tería sempre presente.

Da Coruña marchou Vitola, ou Vitoliña, como a chamaba o seu pai Santiago Casares Quiroga, ministro na Segunda República e posteriormente borrado o seu nome do Rexistro Civil . Primeira parada Madrid; no 36, con 14 anos e co estoupido da Guerra Civil, acompañada da nai, exiliada a París. 

En París converteuse en María Casares a actriz, a muller, a moza que fixo do francés a súa primera lingua e do teatro a súa patria. Soberbia no palco, soberbia tamén co dominio do idioma estranxeiro. Porén, case como quen garda un tesouro da infancia, mantivo sempre un intacto acento galego.

Case ignorada en Galicia, era en Francia María Casares unha lenda viva do cine e do teatro. Sábeo ben a actriz galega Sabela Hermida, que fixo a súa tese sobre María Casares, que a interpreta e a leva por palcos de toda España coa peza 'Política Sentimental'.

Sabela Hermida fálanos da gran dama do teatro que era, da súa intelixencia, da súa formación existencialista e da relación con Galicia, aonde nunca volveu.

Tamén nos fala da súa relación co escritor e premio Nobel Albert Camus. Un amor eterno, por veces atormentado, un todo a ata a morte do escritor en 1960. Nesta década María Casares visita A Arxentina, alí convertida xa en icona republicana do exilio, fortalece o seu sentimento de galeguidade. 

Foi Premio Moliere, Nacional de Teatro ou a Lexión de Honra en Francia. Medalla do Mérito de Belas Artes e Medalla Castelao de Galicia. Premios estes últimos que non recollerá. Só volveu a España coa morte de Franco e para subir ao escenario.

Este 2022 unha chea de actividades conmemoran o centenario do seu nacemento. A cidade da Coruña dedícalle o Ano Internacional de María Casares. Desde o ano 96  os premios do Teatro Galego levan o seu nome. A morte chegoulle nese mesmo ano cando ía asistir á primeira edición. 
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade