Publicador de contidos
Publicador de contidos

A cidade de Vigo celebra a súa Reconquista cunha chea de actividades

A cidade de Vigo celebra a súa Reconquista cunha chea de actividades

G24.gal 28/03/2023 21:29

En Vigo hoxe é día de festa porque celebran a Reconquista coas rúas cheas de xente e moita troula para lembrar a expulsión das tropas francesas en 1809. Un festivo local en grande coa música invadindo desde primeira hora da mañá o Casco Vello. 

É unha festa declarada de Interese Turístico Nacional co gran mercado do Casco Vello e diversas actividades, e ademais pódese ver os soldados das tropas francesas patrullando polo centro da cidade.

Vigo converteuse na primeira cidade de Europa en botar as tropas de Napoleón do seu territorio. Cada ano, o Concello organiza un acto institucional en honra aos héroes da Reconquista na Praza da Independencia. Animación de rúa, xantares populares, foliadas e tamén a entrega dos premios do Certame de Pintura Rápida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos