A CNMC propón que a lei de benestar animal permita a venda entre particulares e elimine a formación obrigatoria para os donos de cans
A CNMC propón que a lei de benestar animal permita a venda entre particulares e elimine a formación obrigatoria para os donos de cans
A CNMC propón que a lei de benestar animal permita a venda entre particulares e elimine a formación obrigatoria para os donos de cans
CNMC emitiu o seu informe consultivo a petición do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030
Competencia tamén se amosa contraria a que se lle esixa un seguro obrigatorio de responsabilidade civil a quen teña un can
Para a Comisión Nacional de Mercados e Competencia hai aspectos do anteproxecto de lei de benestar animal susceptibles de mellora. Entre eles, propón que se suprima o seguro obrigatorio para todas as razas de cans así como a formación obrigatoria para os propietarios destes animais. Formación que na rúa conta cada vez con máis apoios tal e como apuntan as donas de dou cans cando din que "é necesario porque hai xente que non sabe ter animais na casa" ou que "sería útil porque hai xente que pensa que ter un can é como ter unha planta, que non hai que facer nada, que é collelo e xa está". Insiste neste punto o adestrador de cans Nicolás Dzikowsky cando sinala que "isto axudaría moitísimo a que a xente saiba comunicarse correctamente cos seus cans e evitar moitos dos problemas que atopamos a diario por exemplo neste parque onde estamos".
O texto aprobado polo Consello de Ministros en febreiro limita a venda de animais de compañía aos profesionais de cría e entidades de protección animal. A Comisión de Mercados e Competencia pide ser menos restricións e permitir a venda entre particulares. Para Rubén Pérez, voceiro da Fundación Franz Webber "a compravenda de animais ten que estar limitada ao máximo precisamente para combater ese comercio irregular e ese abandono que se vén producindo en España e ademais e unha medida que se está a debater noutros países europeos na mesma liña".
O informe emitido pola Comisión de Competencia, a petición do Ministerio de Ione Belarra, contou cun voto particular que entende que a Comisión podería estar a extralimitarse das súas competencias consultivas.