Publicador de contidos
Publicador de contidos

A colleita de cereal reduciuse á metade na Limia polas chuvias da primavera

A colleita de cereal reduciuse á metade na Limia polas chuvias da primavera

Cando xa é tempo de empezar a apañar as patacas, os agricultores andan aínda segando o cereal

Calculan recoller uns 20 millóns de quilos en total

G24.gal 12/09/2024 14:09

O chouqueleo das máquinas colleitadoras retumba na Limia. Xa non é tempo, pero este ano van cun mes de atraso por mor das chuvias da primavera, que adiaron a sementeira do cereal.

"Ao sementalo tarde, viñeron as calores do mes de xullo e non lle deu tempo a crialo, entón as producións foron baixas", di Daniel Joga, agricultor da Limia.

"Un vinte ou trinta por cento menos, tranquilamente. Hai leiras que aguantan mellor a calor, pero hai outras onde moi mal", explica Camilo Maus Pérez, temén agricultor.

A chuvia xa afectara tamén o cereal de inverno. Só colleron un 20 por cento do habitual. Entre un e outro, calculan que o rendemento do cereal este ano na Limia se reduciu á metade.

"A produción deste ano vai quedar moi lonxe dos 30-40 millóns de quilos aos que nos ten acostumbrados a Limia nun ano bo e roldará os 20 millóns, en moitos casos escasos", analiza Servando Álvarez, técnico do Inorde.

Cando xa está empezando a colleita da pataca, calculan que aínda queda na terra entre un 15 e un 20 por cento do cereal e, de vir chuvia, non se vai poder segar.

"Estamos en setembro e o tempo pode cambiar, pódese botar a chover e o cereal ten que entrar seco no almacén porque, se non, póñenlles unhas penalizacións moi grandes aos produtores. Todo o que quede sen segar entre esta semana e principios da que vén, pódese dar por perdido", di Servando.

O que si deu bo rendemento este ano foi a cebada, de cinco a seis mil quilos por hectárea, pero é un produto minoritario no conxunto da Limia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade