Publicador de contidos
Publicador de contidos

A comisión de festas do Naseiro advirte de que este ano non se celebrará pola falta de axuda institucional

A comisión de festas do Naseiro advirte de que este ano non se celebrará pola falta de axuda institucional

Coñecida coma Romaría do Bo Xantar e de interese turístico, celébrase a finais de agosto 

Renuncian a continuar organizándoa, logo de dez anos facéndoo

 

G24.gal 30/06/2024 19:33

Este ano non haberá Naseiro en Viveiro. A comisión de festas que se viña ocupando da súa organización desde hai 10 anos renunciou a facelo.

Xa avisara ao remate da última edición, o pasado agosto, pero aínda así ía apoiar os promotores deste ano.

Foi a falta de axudas e de cartos por parte do Concello o que os decidiu a non continuar.

Din que a Romaría do Bo Xantar, como é coñecida esta Festa de Interese Turístico, ten uns gastos fixos de luz, limpeza e alugueiro de campos, que non poden afrontar sen apoio institucional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar