Publicador de contidos
Publicador de contidos

A complexidade para pedir o bono social eléctrico deixa moitos fogares sen a axuda

A complexidade para pedir o bono social eléctrico deixa moitos fogares sen a axuda

Dos 2,4 millóns de fogares que precisan o bono, só acceden á prestación un 1,2 millóns

G24.gal 12/11/2021 14:15

As subas da luz preocupan todas as familias, pero especialmente as máis vulnerables. O Goberno ten en marcha o bono social, pero o complexo proceso burocrático para solicitalo deixa moitos fogares sen esta axuda.

A tramitación realízase a través da empresa comercializadora. Tras cubrir un impreso, hai que achegar unha serie de documentación que complica o proceso de solicitude. 

Outra das trabas son os propios requisitos que se esixen para acceder á prestación. 

A lista de dificultades súmanse a falta de información ou a exclusión tecnolóxica dos solicitantes.

O Goberno central comprometeuse a reformar o bono social eléctrico nesta lexislatura. Mentres, desde a OCU pídenlle simplificar os trámites para que os 2,4 millóns de fogares españois que o precisan poidan gozalo e propoñen que se conceda de xeito automático. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade