Publicador de contidos

Publicador de contidos

A conciencia ambiental tralo auxe dos xoguetes de madeira feitos a man

A conciencia ambiental tralo auxe dos xoguetes de madeira feitos a man

O proceso faise todo a man con materiais naturais e ecolóxicos, incluídas as pinturas de cores

G24.gal 29/05/2023 21:52

Unha táboa feita con 14 láminas de madeira de bidueiro que soporta ata 200 quilos. É a chamada táboa curva, o xoguete estrela do taller.

"O neno ponse enriba dela e intenta xogar conseguindo o equilibrio. Ese é o obxectivo principal, pero é unha peza con que logo os rapaces xogan de moitas formas", explica Agustín Álvarez, socio do taller de xoguetes Habitar las formas.

Agustín e Marcos abriron o obradoiro de xoguetes artesanais hai sete anos. O proceso faise todo a man con materiais naturais e ecolóxicos, incluídas as pinturas de cores.

"Están libres de todo o que é chumbo, zinc... e calquera outro metal", detalla Marcos López, socio do taller de xoguetes Habitar las formas.     

As súas pezas distribúense por xogueterías de toda España, Portugal e outros países europeos, e seguen medrando.

Para Marcos, o motivo é "a concienciación dos pais para os nenos de usar produtos máis ecolóxicos e eliminar todo o posible o plástico. Son xoguetes moi duradeiros".

Agustín salienta: "A característica fundamental destes xoguetes é o xogo libre, que o neno poida desenvolver as súas capacidades con estas pezas, que, malia que en principio semellan moi sinxelas, realmente achegan moito aos nenos".  

Xoguetes pensados para que nenas e nenos poidan xerar, a través da imaxinación, os seus propios mundos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade