Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil deseña un novo plan contra a seca

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil deseña un novo plan contra a seca

O plan especial contra a seca que pretende mellorar a eficiencia na xestión e subministración da auga

Pretende garantir un ben básico ante as estimacións que prevén unha redución considerable das precipitacións nos vindeiros 15 anos

Embalse das Conchas afectado pola seca
G24.gal 14/06/2023 16:21

O 2022 foi o ano co verán máis seco da serie histórica e deixa imaxes inéditas que van ser cada vez máis habituais. Estímase que nos próximos 15 anos as chuvias descenderán entre un 8 e un 10 por cento.

Consecuencias tanto no consumo de auga, con restricións que afectaron a medio cento de concellos da conca Miño-Sil durante o ano pasado, como na actividade económica. Para minimizar o impacto a Confederación deseñou un novo plan especial contra a seca que deu a coñecer aos técnicos que se encargan da xestión municipal. A mellora da xestión da rede de abastecemento é unha das prioridades.

Mellorar a eficiencia na xestión e racionalizar o uso é fundamental para garantir a subministración. As intensas chuvias do comezo do ano hidrolóxico e das últimas semana encheron as reservas de auga afastando polo de agora a pantasma dunha nova seca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade