Igualdade de Castela-A Mancha pide prudencia antes da fin da investigación do atropelo mortal de Toledo

O marido da muller falecida está detido por un presunto delito de homicidio imprudente e outro contra a seguridade viaria
Os servizos psicolóxicos do Goberno de Castela-A Mancha atenderon os fillos da muller que morreu atropelada o xoves na provincia de Toledo. O marido da vítima está detido por un presunto delito de homicidio imprudente e por outro contra a seguridade viaria.
A conselleira de Igualdade recordou que o xulgado que leva o caso ordenou manter o segredo das pescudas e pediu prudencia ata que remate a investigación.
"Hai que deixar os corpos e forzas de seguridade do Estado que investiguen, a xustiza tamén, que esclareza os feitos, e desde logo que nós estaremos a disposición para colaborar en todo o que poidamos achegar. Estamos en contacto continuo, pero, como digo, está declarado o segredo do sumario e hai que ser prudentes e esperar".