Educación prepara para o primeiro trimestre do curso un plan de acollida para o alumnado estranxeiro
Educación prepara para o primeiro trimestre do curso un plan de acollida para o alumnado estranxeiro
Educación prepara para o primeiro trimestre do curso un plan de acollida para o alumnado estranxeiro
Galicia é a comunidade autónoma onde máis medrou o alumnado estranxeiro nos dous últimos anos
O curso pasado o aumento foi do 20 %
A volta ás aulas trae cambios organizativos para o próximo curso
O 6 por cento do alumnado dos centros de ensino galegos procede do estranxeiro. Son arredor de vinte e un mil estudantes, unha cifra moi inferior á doutras comunidades autónomas, que medrou considerablamente nos dous últimos anos. Por iso, a Consellería de Eduación vai poñer en marcha un plan de acollida para favorecer a integración destes estudantes.
"Somos a comunidade autónoma onde máis medra nos últimos dous anos o número de alumnos estranxeiros, co cal temos que darlles acollida e unha resposta educativa para favorecer a integración e a cohesión social destes alumnos", asegura o conselleiro de Educación Román Rodríguez.
O plan que prepara a Consellería de Educación vaise centrar en reforzar as competencias lectoras e de expresión oral e o benestar emocional do alumnado estranxeiro, que o curso pasado aumentou un 20 % no ensino non universitario.