Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Consellería de Educación reorganiza o curso sen os exames de recuperación

A Consellería de Educación reorganiza o curso sen os exames de recuperación

Consellería, pais e sindicatos coinciden en que non deberían cambiar as normas co curso xa iniciado

G24.gal 23/11/2021 17:18

Galicia reorganiza o curso escolar para adaptarse a nova lei de educación. A consellería apura os últimos contactos con sindicatos e os pais para decidir como vai ser a ESO este ano, xa sen exames extraordinarios de recuperación. E coinciden en que o Ministerio non debería ter cambiado as normas a metade do partido.

Román Rodríguez coincidiu con sindicatos e ANPA en que a supresión dos exames de recuperación debería demorarse ata o curso que ven. A metade do ano cambian as regras de xogo e isto implica un esforzo de reorganización que afecta a todos.

Familias, educadores e sindicatos coinciden: as normas non deberían cambiar co curso iniciado. A mesma postura defenderá no ministerio este xoves a Consellería de Educación. O novo modelo divide á comunidade educativa. Para uns, crea desigualdades, pero para outros, pode ser unha oportunidade.

Piden unificar criterios canto antes para reorganizar o curso se é preciso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade