Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Consellería de Medio Ambiente veta a caza do corzo e da lebre en máis de 4.900 hectáreas

A Consellería de Medio Ambiente veta a caza do corzo e da lebre en máis de 4.900 hectáreas

A restrición inclúe cinco zonas, de xestión directa da Xunta, na provincia de Pontevedra: en Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Forcarei, Ponte Caldelas e Salceda

Esta medida busca o equilibrio entre explotación cinexética e conservación das especies

G24.gal 12/01/2025 15:30

A Consellería de Medio Ambiente veta a caza do corzo e a lebre en máis de 4.900 hectáreas na provincia de Pontevedra, de xestión directa da Xunta, para a conservación destas especies.

É unha medida restritiva e de xestión por parte da Consellería de Medio Ambiente que busca o equilibrio entre explotación cinexética e conservación das especies.

"Consideramos polos datos que nos chegan que hai que vetar a caza do corzo e da lebre nas zonas de explotación directa da Xunta, nas zonas libres, que corresponden cunhas 4.900 hectáreas, que é un 2 % basicamente do territorio cinexético da provincia de Pontevedra", di Nicolás Lorenzo Montes, director territorial de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.

A Consellería veta así a caza do corzo e lebre en 4.900 hectáreas despois de realizar varios estudos nas últimas doce temporadas dos datos da caza na provincia de Pontevedra.

"Nas mostraxes de campo podemos observar que hai un descenso acusado aproximadamente dun 40 % pola caza de lebre e despois co corzo nos atopamos o problema dunha mosca que xera unhas larvas no sistema respiratorio do corzo, que está baixando o seu número", engadiu.

A restrición inclúe cinco zonas na provincia de Pontevedra: Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Forcarei, Ponte Caldelas e Salceda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade