Publicador de contidos
Publicador de contidos

Danos polo corzo e o xabaril nos viñedos do Ribeiro

Danos polo corzo e o xabaril nos viñedos do Ribeiro

Unións Agrarias solicita á Xunta medidas de control da poboación para minimizar os danos na colleita

Os concellos de Carballeda de Avia, Leiro e Beade son os máis afectados

G24.gal 29/05/2024 13:47

Alberto Vázquez amósanos os danos ocasionados polo corzo en varias viñas da súa propiedade, en Carballeda de Avia. Dende hai dous anos, di, a súa presenza é cada vez máis habitual. Comen os gromos ou arráncanos danando as cepas e condicionando a colleita non só deste ano, senón tamén dos vindeiros.

Xunto aos corzos preocupa a presenza dos xabarís, que adoitan comer as uvas cando xa van maduras. Para minimizar os danos, dende Unións Agrarias demandan á Consellería de Medio Ambiente medidas de control da poboación desta fauna salvaxe así como estudar outras posibles solucións perante as perdas dos viticultores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade