A contundencia do Oviedo fai cambalear o proxecto do Rácing (1-5)
A contundencia do Oviedo fai cambalear o proxecto do Rácing (1-5)
Cazorla, Lucas, Portillo e Alemao (2) asinaron os goles nun partido no que o equipo visitante foi moi superior
Álvaro Giménez marcou de penalti nun dos poucos disparos do Rácing
O Rácing non acaba de arrincar. Contra o Oviedo amosou a imaxe de febleza máis grande de toda a temporada, síntomas preocupantes para un equipo que está en postos de descenso e que non marca goles.
Foi un resultado que fixo xustiza ao que se viu sobre o campo. O Oviedo xerou moitas ocasións no primeiro tempo diante dun Rácing que non tivo ningún lanzamento entre os tres paus. Colombatto estrelou un lanzamento contra o barrón e Alemão gozou de dúas moi claras. O gol chegou no 42 nun penalti transformado por Santi Cazorla.
Cristóbal quixo cambiar a dinámica do partido coa entrada de Bebé e Álvaro Giménez no descanso pero nada mudou no equipo departamental. O segundo gol de Lucas aos sete minutos acabou de decidir o encontro. O terceiro marcouno Portillo despois dunha contra rapidísima. Era o minuto 63 e quedoulle media hora ao Rácing de sufrimento por mor da impotencia que estaba amosando sobre o céspede.
Nos últimos minutos recortou diferenzas cun penalti marcado por Álvaro Giménez, pero o Oviedo estivo moi contundente con dous novos goles marcados por Alemão. Unha derrota (1-5) que doe moito en Ferrol pola contundencia e as sensacións.