Cargando resultados...
A Coruña sobe a media española no uso de palabras malsoantes
A Coruña sobe a media española no uso de palabras malsoantes
Un estudo conclúe que a cidade herculina é a terceira de España no uso de expresións groseiras
G24.gal
02/10/2024 14:26
Segundo unha plataforma de aprendizaxe de idiomas os galegos somos malfalados. Sobre todo na Coruña e na súa área metropolitana.
Un estudo feito entre os seus usuarios recolle que a zona da Coruña, Oleiros e Arteixo é a terceira de todo o mapa de España, detrás de Santa Cruz de Tenerife e Granada, onde máis bocaladas se din, cunha media dunha ducia ao día.
A plataforma de formación destaca tamén que os homes soltan unha media de case once bocaladas ao día, fronte ás 8 que adoitan dicir as mulleres. E por idades, os que máis as empregan son os máis novos, entre os 16 e os 24 anos.