Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña lidera os índices de delincuencia das cidades españolas do seu nivel de poboación

A Coruña lidera os índices de delincuencia das cidades españolas do seu nivel de poboación

O balance do ano 2022 do Ministerio do Interior reflicte un aumento de roubos e furtos 

Veciños e comerciantes piden máis vixilancia policial e medidas sociais para loitar contra o consumo de drogas da xente máis nova

G24.gal 09/03/2023 14:51

O nivel de roubos na cidade da Coruña, con preto de 37 ao día, preocupa a veciños e comerciantes da Coruña. Segundo datos do Ministerio do Interior, a cidade de preto de 250.000 é a que maior índice de criminalidade ten de toda España. De xaneiro a setembro do ano pasado chegaron a rexistrarse máis de 9.000 infraccións penais.

Os índices oficiais de criminalidade do ano pasado na capital coruñesa correspóndense co que constatan algunhas entidades sociais, que detectaran un aumento do tráfico de drogas, en especial da heroína. 

Amais dos problemas de convivencia que din que se dan arredor dos narcopisos, os comerciantes destacan tamén o incremento de roubos e furtos, tal como reflicten as cifras anuais de Interior.

Desde a Asociación de veciños de Oza-A Gaiteira-Os Castros, o seu presidente recoñece que se notaron os efectos positivos cando se incrementou a vixilancia policial, pero pide que se apliquen tamén outro tipo de medidas sociais "porque vemos que a cantidade de toxicómanos que hai, cada día son moito máis novos".

Desde o sector comercial hai quen lembra a eficacia dos policías de barrio que houbo nalgún tempo e tamén que pide que se actúe contra certos negocios nos que se comercia con produtos roubados "e a policía sábeo porque vai a eses negocios a recuperar o meu material", recalca o libreiro Manuel Rodríguez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade