Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña recibe este xoves máis de 10.500 cruceiristas e bate o seu récord

A Coruña recibe este xoves máis de 10.500 cruceiristas e bate o seu récord

O vindeiro 10 de setembro, a cidade recibirá unha nova tripla escala de cruceiros con case 8.500 persoas a bordo

G24.gal 29/08/2024 15:56 Última actualización 29/08/2024 16:18

A Coruña énchese de cruceiristas. Tres transatlánticos aportaron este xoves na cidade herculina.

O Renaissance chegou ao peirao de Calvo Sotelo contra as dez da mañá. Foi o último en chegar e esta é a primeira vez que visita a cidade herculina. E como en cada escala inaugural, a bordo fíxose o habitual intercambio de métopas. Nel viaxan 1.100 pasaxeiros e 450 tripulantes, que se suman ás case 9 mil persoas dos outros dous buques.

"Coa de hoxe fan as cen escalas. Batemos un novo récord... e un retorno económico de máis de trinta millóns de euros ao longo de todo o ano", di Ramón Castro, xefe de Comunicación da Autoridade Portuaria.

Coa chegada por mar, de máis de 10.500 persoas á Coruña a cidade respira un grande ambiente.

"Levámolos ao castelo de Santo Antón, á Torre de Hércules...", explica Silvia Schuippering, membro da organización.

Pero amais teñen tempo tamén para facer compras e probar a nosa gastronomía.

Entre as cinco e as seis da tarde partirán cara aos seus novos destinos. E o porto coruñés, o vindeiro 10 de setembro, recibirá unha nova tripla escala de cruceiros con case 8.500 persoas a bordo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade