Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña terá voos directos a Milán a Xenebra a partir deste venres

A Coruña terá voos directos a Milán a Xenebra a partir deste venres

O próximo destino internacional que persegue é a conexión con Ámsterdam

G24.gal 12/01/2023 15:49

Boas novas para Alvedro neste comezo de ano, porque por primeira vez na súa historia vai contar con catro conexións directas internacionais.

Pois a partir deste venres xa se poden mercar os billetes para as novas rutas que comezarán a funcionar a partir de marzo con dous voos directos a Milán e Xenebra.

De entrada son dous destinos europeos que se suman aos que neste momento xa están en marcha con Londres e París.

 Ámsterdam será o seguinte obxectivo. Pero de momento este enlace aínda terá que esperar.

Con estas novas conexións directas o que o aeródromo coruñés busca é recuperarse dese descenso de viaxeiros e operacións que trouxo consigo a pandemia.

E aínda que en 2022 se gañaron máis de 360.000 pasaxeiros, aínda queda moi lonxe esa cifra acadada en 2019 dun millón trescentos mil viaxeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade