Oportunidade para o Celta de escalar posicións cara a Europa
Oportunidade para o Celta de escalar posicións cara a Europa
O Celta ten dúas oportunidades para escalar posicións cara a Europa. A primeira este sábado en Cádiz. Un rival en descenso que aínda non gañou na casa. O típico partido trampa na que poden caer os celestes.
As estatíticas tamén colocan o Celta arriba se temos en conta os seis últimos patidos de liga. O equipo deu un salto competitivo.
Coudet mantense nas súas ideas e protexe os seus xogadores clave. O Celta non fixo pública a convocatoria pero Coudet confirmou que ten a todos dispoñibles contra o Cádiz.
O Celta xoga en Cádiz ás 14:00 da tarde. Pero a actualidade pasa pola saída do seu director deportivo Felipe Miñambres, presumiblemente cara o Levante.
Coudet confirmou a súa saída en sala de prensa, unha marcha que lle sorprende pero que entende porque "o fútbol é así, moi dinámico, cambia todo de súpeto". Quixo enviarlle unha mensaxe de agradecemento polo trato que recibiu da súa parte.