Publicador de contidos
Publicador de contidos

A covid-19 confírmase como unha doenza estacional co pico nos meses de verán

A covid-19 confírmase como unha doenza estacional co pico nos meses de verán

O ano pasado acadou o seu pico en agosto, e este ano, en pleno xullo, estamos xa a superar a onda que comezou a finais de maio

Usar máscara cando hai síntomas e protexer os vulnerables son as recomendacións das autoridades sanitarias que xa todos coñecemos

G24.gal 09/07/2024 12:38

Os virus compiten entre si, e a covid-19 repunta cando comezan a remitir os tradicionais virus de inverno: a gripe e o virus respiratorio sincipital.  

"A covid-19 estase comportando dun xeito estacional. Vemos que desde hai dúas ou tres temporadas está tendo os picos das ondas nos meses de verán", explicou Marta Piñeiro, a directora do Centro Galego para Prevención e Control de Enfermidades.

A onda deste verán xa comeza a remitir. A suba comezou en maio e xa hai dúas semanas que os datos están estables. A vixilancia faise a través dun sistema sentinela, similar ao da gripe, e cos laboratorios de microbioloxía dos centros hospitalarios. As consultas por infeccións respiratorias diminuíron en Atención Primaria, onde hai tempo que deixou de ser relevante facer a proba do virus, que si que se mantén nos hospitais.

"Cando unha persoa ingresa con sintomatoloxía de infección respiratoria aguda si que se lle fai unha proba para determinar se é covid-19, gripe ou VRS, e os ingresos agora están a diminuír lixeiramente. Cremos, como digo, que estamos chegando ao pico desta onda", engadiu Marta Piñeiro, a edirectora do Centro Galego para Prevención e Control de Enfermidades.

Son 357 as persoas ingresadas hoxe en día positivas en covid-19, aínda que a causa do ingreso sexa outra patoloxía. En xeral son persoas maiores e vulnerables para as que a partir do mes de setembro comezará unha nova fase de vacinación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade