Publicador de contidos
Publicador de contidos

A crise en Francia afecta a exportación dende o porto de Vigo dos coches de Stellantis

A crise en Francia afecta a exportación dende o porto de Vigo dos coches de Stellantis

Os barcos non cargan por falta de carburante en Francia e colápsase a terminal viguesa de Bouzas  

G24.gal 19/10/2022 15:08 Última actualización 19/10/2022 16:52

Milleiros e milleiros de vehículos ateigan a terminal de Bouzas. A autoestrada do mar, clave para desconxestionala, estase a resentir pola crise nunha Francia afogada pola inflación e desabastecida de carburante.  O colapso deriva nunha afectación económica para as empresas. 

Esa escaseza de buques que non cargan por falta de combustible en Francia pode converterse nun serio problema para Stellantis.  Os empresarios agardan que a situación se resolva para evitar maiores consecuencias.    

A autoestrada do mar, moi consolidada nos últimos anos, é a principal vía para exportar a Europa os vehículos que se atopan en Bouzas. Uns 19.000 que poñen ao límite a terminal.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade