'A culpa', de María Solar, Premio Xerais de Novela 2022
'A culpa', de María Solar, Premio Xerais de Novela 2022
María Solar é coordinadora de Cultura da Corporación Radio Televisión de Galicia e presentadora do programa cultural da TVG Zigzag Fin de semana
Sendo aínda unhas meniñas, amigas inseparables, Mirta e Marcela acordan afastarse das súas familias nunha fuxida de supervivencia. Deixan atrás acontecementos violentos que lles marcarán a vida e veranse obrigadas a afrontar xuntas, con decisión, coma se fosen siamesas, novas situacións moi complicadas.
Pola súa parte, Amanda, unha oficinista da banca que sobreleva o traballo con fastío,
recibe a noticia de que é a herdeira universal dunha clienta para ela descoñecida, cun aspecto miserable, descoidado e fedorento, que visita trimestralmente a sucursal para controlar ata o mínimo detalle as súas contas millonarias a prazo fixo.
A culpa é un xogo de espellos entre dúas amigas e socias indisolubles, unha relación que comeza cunha clara manifestación de apoderamento persoal e feminino para irse convertendo nunha submisión tóxica agoniante cun final perturbador.
Así é a última novela de María Solar, A culpa, que acaba de recibir o premio Xerais de Novela 2022.
María Solar (Santiago de Compostela, 1970) é escritora e xornalista. coordinadora
de Cultura da Corporación Radio Televisión de Galicia e presentadora do programa
cultural da TVG Zigzag Fin de semana, ten ás súas costas unha exitosa traxectoria literaria.