A DINA deixa precipitacións de récord en Navarra
A DINA deixa precipitacións de récord en Navarra
En Pamplona recolléronse 140 litros por metro cadrado en menos de 24 horas. As tormentas deixan incidencias en toda a comunidade foral
As tormentas que descargan en Navarra desde onte á noite están deixando numerosas incidencias en toda a comunidade foral.
"Eu toda a noite sen durmir, sacando auga, fatal".
As cifras de precipitacións na capital navarra son de récord. En menos de 24 horas recolléronse máis de 140 litros por metro cadrado en Pamplona. En toda a serie histórica só existe un rexistro similar, con 150 litros, en outubro de 1975.
"Anegouse o portal, estamos sen ascensor, porque viña a riada do parque".
"Choveu, sarabiou e de todo, pero ben".
Os servizos de emerxencias atenderon numerosas chamadas por balsas de auga e árbores caídas nas estradas e para achicar en baixos e garaxes.
"Choveu tanto e agora parece que escampou e a ver se damos un paseo".
Tamén son históricas as cifras de descargas eléctricas, con case 20.000 lóstregos contabilizados.