Publicador de contidos
Publicador de contidos

A decisión de rebaixar nun ano a condena a un dos membros de La Manada non foi unánime

A decisión de rebaixar nun ano a condena a un dos membros de La Manada non foi unánime

Segundo a maxistrada que votou en contra, non se tivo en conta a gravidade dos feitos e, por isto mesmo, a defensa da vítima xa anunciou que recorrerá a sentenza 

G24.gal 13/09/2023 14:24

O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra foi quen condenou a Ángel Boza, un dos membros de La Manada a 15 anos de prisión, e agora, segundo a aritmética da lei do só si é si, é tamén quen rebaixa a pena nun ano. Pero non foi unha decisión unánime. Houbo un voto discrepante, o dunha das maxistradas da sala, que entende que detrás dunha decisión así habería que ter en conta a gravidade dos feitos.

Un voto en contra que tamén se valora dende o ámbito político. A Ministra de Dereitos sociais cualificou a sentenza coma unha "reacción machista" no ámbito xudicial.

E para a defensa da vítima esta resolución xa ten consecuencias. E por iso xa anuncian que recorrerán a sentenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade