A decoración artesanal de Allariz atrae centos de visitantes
A decoración artesanal de Allariz atrae centos de visitantes
Esta feita polo persoal do concello con madeira, restos de poda e material de refugallo
Centos de persoas achéganse estes días a Allariz para ver a decoración de Nadal. Máis ca luces, aquí o que hai son diferentes recreacións feitas de xeito artesanal polo propio concello.
Abriu unha nova estación de esquí en Galicia, no campo da Barreira de Allariz. Unha escena que non se resiste aos selfies.
A ilusión foi creada de xeito artesanal polo persoal do concello de Allariz con madeira, restos de podas e materiais de refugallo. Dende setembro estiveron ideando e dez días tardaron en montar os decorados.
O resultado aválano os milleiros de visitantes que reciben cada ano. Chega a noite e acenden o alumeado. É do concello de todos os anos, aquí nada se subcontrata.
É unha decoración de Nadal máis austera e enxebre, pola que tamén devecen os máis pequenos.