Cargando resultados...
A deputada canaria Meri Pita deixa Podemos e marcha ao Grupo Mixto
A deputada canaria Meri Pita deixa Podemos e marcha ao Grupo Mixto
A formación morada perde así outro escano no Congreso e queda con 33
G24.gal
24/03/2022 21:02
A deputada canaria Meri Pita deixa o grupo parlamentario de Podemos e marcha ao Grupo Mixto.
Di que se vai pola deriva orgánica do partido. Nunha carta moi dura contra Podemos asegura que seguirá apoiando o Goberno sempre e cando adopte medidas que coincidan coas súas demandas progresistas.
Esta marcha é un revés máis para a alianza que no Congreso forman o PSOE e Podemos. Tras a expulsión do tamén canario Alberto Rodríguez, cuxo escano non volveu ser ocupado, súmase esta nova baixa.
A bancada morada queda agora con 33 escanos, en lugar dos 35 obtidos nas eleccións xerais.