Publicador de contidos
Publicador de contidos

A derradeira bandeira española que saíu de Cuba gárdase en Ribadeo

A derradeira bandeira española que saíu de Cuba gárdase en Ribadeo

Foi entregada polo exército ao empresario Pedro Murias en 1899

Ondeaba no Real Arsenal da Habana ata a independencia da illa

G24.gal 15/11/2022 20:25

As liñas manuscritas na xareta explican que a bandeira que se conserva en Ribadeo foi a derradeira en saír de Cuba cando a illa deixou de ser territorio español.

O 1 de xaneiro de 1899 foi entregada polo exército a Pedro Murias, un empresario oriúndo da Mariña que fixo fortuna en Cuba.

Murias tróuxoa de volta e depositouna na escola agraria que fundou en Ribadeo; alí permaneceu esquecida ata que o historiador Luorenzo Fernández deu con ela.

A bandeira estivo a piques de ir para Madrid cando Primo de Rivera visitou Ribadeo e lle foi ofrecida.

O xeneral non a levou e mantívose en Ribadeo ata hoxe. A Fundación Pedro Murias dedícase á formación e á experimentación agrogandeira englobada na Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Logo de cen anos de funcionamento, conseguiu logros no eido agrario ademais de manter este retallo de historia.

As construcións, as árbores e, por suposto, a bandeira lembran o estreito vencello de Murias e de toda A Mariña coa illa de Cuba.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar