Publicador de contidos
Publicador de contidos

A derrota contra o Celta ábrelle a porta das Palmas ao vigués Diego Martínez

A derrota contra o Celta ábrelle a porta das Palmas ao vigués Diego Martínez

O equipo canario é o último clasificado, con tres empates en nove xornadas

G24.gal 07/10/2024 20:44

A derrota contra o Celta puido ser o derradeiro partido de Luis Carrión como adestrador da Unión Deportiva As Palmas. A pésima xeira do cadro canario (último, con tres puntos de 27) fai que o club estea con negociacións abertas para contratar un novo adestrador. Considera que esta parada de quince días é un momento axeitado para facelo. 

O vigués Diego Martínez é a primeira opción que teñen para ocupar o cargo. Martínez (43 anos) está sen equipo despois de dirixir o Olympiakos grego a pasada temporada e rematala como técnico da selección galega no partido contra Panamá. 

Diego Martínez medrou como técnico no Sevilla. Ascendeu co filial a Segunda División. Logo chegou a chamada do Osasuna e a do Granada, onde triunfou acadando o ascenso a Primeira e clasificando o equipo para xogar competicións europeas. Rematado o ciclo granadino de tres anos, en 2021 asinou co Español, onde non rematou a temporada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade