Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tere Abelleira: "Non vin tantas veces o meu gol, quedo coa sensación do equipo"

Tere Abelleira: "Non vin tantas veces o meu gol, quedo coa sensación do equipo"

A pontevedresa é consciente de que aínda ten puntos que mellorar

G24.gal 28/07/2023 11:05 Última actualización 28/07/2023 11:43

A dianteira galega Tere Abelleira, autora do primeiro gol da vitoria por 5-0 de España fronte a Zambia, encomiou este venres a calidade individual de cada xogadora e afirmou que as 23 futbolistas da selección que disputan este Mundial feminino de fútbol "están para sumar".

Nunha conferencia de prensa no Massey Sports Institute, a galega sinalou que só ten "boas sensacións" sobre o desempeño da selección española no que vai de Mundial e resaltou que o conxunto vén motivado e preparado para o seu terceiro encontro da fase de grupos.

"Soamente teño boas sensacións pero quedo cos resultados do equipo e a sensación xeral", afirmou.

"O outro día, por exemplo, as que saíron na segunda parte deron un plus ao equipo e iso é moi bo, que as 23 esteamos para sumar", completou.

A dianteira, cuxo desempeño na vitoria sobre Zambia foi bastante eloxiado polo seleccionador, Jorge Vilda, díxo estar contenta cos comentarios que recibiu, pero asegurou ser consciente de que aínda ten puntos que mellorar.

"Si que che fai ilusión que o adestrador che dedique estas palabras porque ao final é o teu traballo e ves que o estás cumprindo. Pero son consciente de que fixen fallos e aínda teño que mellorar moito", sinalou.

Sobre o seu golazo:

"Non vin tantas veces o meu gol, quedo coa sensación do equipo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos