Publicador de contidos
Publicador de contidos

A dirección dos socialistas valencianos "dará un paso atrás" nun congreso extraordinario

A dirección dos socialistas valencianos "dará un paso atrás" nun congreso extraordinario

Ximo Puig convocará un congreso extraordinario no primeiro trimestre de 2024

Ximo Puig dixo no comité nacional do PSPV que é o momento da renovación socialista
G24.gal 16/12/2023 13:55 Última actualización 16/12/2023 16:44

O secretario xeral dos socialistas da Comunidade Valenciana, Ximo Puig, anunciou a convocatoria dun congreso extraordinario para o primeiro trimestre do ano que vén, no que a actual dirección cederá o poder a un novo equipo.

Santos Cerdán di que o PSOE respectará o que decidan os socialistas valencianos

Na apertura da reunión, o secretario de organización do PSOE, Santos Cerdán, afirmou que o partido respectará o que decidan os socialistas valencianos.

O PSPV celebrará un congreso extraordinario no primeiro trimestre de 2024

Na súa intervención, Ximo Puig, secretario xeral e expresidente da Generalitat Valenciana, dixo que tras a perda do poder chegou o momento da renovación socialista, para o que convocará un congreso extraordinario no primeiro trimestre de 2024.

"Hai que dar un paso atrás, para que o proxecto dea dous pasos adiante"

Sen falar do seu futuro persoal, Ximo Puig rematou afirmando que é o momento de dar un paso atrás para que o proxecto dea dous pasos adiante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade