A directora da Fundación Miguel Ángel Blanco apela á unidade política na condena ao terrorismo
A directora da Fundación Miguel Ángel Blanco apela á unidade política na condena ao terrorismo
O próximo domingo 10 de xullo cúmprense 25 anos do secuestro e posterior asasinato de Miguel Ángel Blanco a mans de ETA.
Durante tres días, a sociedade vasca e española saíu ás rúas para pedir a súa liberación no coñecido como espírito de Ermua, o que supuxo un punto de inflexión na loita contra o terrorismo.
Para conmemoralo, está prevista unha homenaxe este domingo no municipio de Ermua, en que participarán o rei Filipe VI e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
A directora da Fundación Miguel Ángel Blanco, Cristina Cuesta Gorostibi, analizaba esta mañá a situación política actual nunha entrevista na Radio Galega.
Cristina Cuesta Gorostibi indica nas ondas da Radio Galega que "é inaceptable que se sigan xustificando os crimes do terrorismo" e pide unidade política na defensa da liberdade e a democracia.