Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nova directora da Garda Civil: "Seremos inflexibles con quen manche a institución"

A nova directora da Garda Civil: "Seremos inflexibles con quen manche a institución"

Mercedes González avanzou que aínda que os mecanismos internos de control funcionan, melloraraos

G24.gal 04/04/2023 14:26

A directora xeral da Garda Civil, Mercedes González, asegurou na súa toma de posesión que será "inflexible" contra quen se aproveite desde dentro do corpo e manchen a súa imaxe, e avanzou que aínda que os mecanismos internos de control funcionan, melloraraos.

González fixo estas manifestacións no seu discurso de toma de posesión e ante os ministros de Defensa, Margarita Robles, e Interior, Fernando Grande-Marlaska, un acto ao que non asistiu a súa predecesora, María Gámez, quen dimitiu do cargo pola imputación do seu marido nun caso de irregularidades en axudas públicas.

"Nada nin ninguén, ningunha estratexia política e ningún abuso particular, pode manchar a inmensa limpeza da Garda Civil", recalcou González, en alusión aos casos Cuarteles, Mediador e Grampa que salpican ao corpo.

Casos aos que se referiu tamén Grande-Marlaska, quen cualificou de "irresponsable comportamento ético dun moi reducido grupo de gardas civís que danan o corpo", á vez que advertiu que esas "reprobables" accións non quedarán sen sanción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade