Publicador de contidos
Publicador de contidos

A directora do CNI comparece a porta pechada na Comisión de Segredos Oficiais

A directora do CNI comparece a porta pechada na Comisión de Segredos Oficiais

Paz Esteban debaterá cos grupos que piden a súa dimisión, como Esquerra ou Junts, que participan por primeira vez na historia nesta Comisión de Segredos do Estado

G24.gal 05/05/2022 09:04

A directora do CNI comparece este xoves a porta pechada polo caso Pegasus. Inaugura a Comisión de Segredos Oficiais do Congreso para explicar a presunta espionaxe a ducias de políticos independentistas e tamén como se puido utilizar ese mesmo programa cos teléfonos do presidente do Goberno e da ministra de Defensa.

Paz Esteban debaterá cos grupos que piden a súa dimisión, como Esquerra ou Junts, que participan por primeira vez na historia nesta Comisión de Segredos do Estado. De momento, a directora do CNI conta co apoio do Goberno, como explicitaba a ministra de Defensa tamén en sede parlamentaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade