A dixitalización nas aulas, sometida a exame pola comunidade educativa
A dixitalización nas aulas, sometida a exame pola comunidade educativa
A resposta non resulta require do traballo e da implicación de toda a comunidade educativa
Os expertos aseguran que se trata de como utillizar os medios adecuadamente
A dixitalización someteuse en Vigo a un profundo debate con docentes e familias
A dixitalización nas aulas sométese a debate por parte da comunidade educativa. As novas tecnoloxías chegaron coma unha ferramenta para acompañar os nenos e nenas nese proceso de aprendizaxe. Con todo, está xerando dúbidas.
"Porque non mellora a motivación do alumnado, non mellora a súa implicación na tarefa, non mellora o seu protagonismo no seu proceso de aprendizaxe", explica Ana Parada, orientadora nun instituto da Estrada.
Pero é unha ferramenta que non se pode obviar. E niso, coincide a maioría dos docentes. Por iso este sábado en Vigo, participaron nunhas xornadas para saber de que maneira se pode mellorar.
Tomar en conta o contexto no que se desenvolve, fomentar a formación pedagóxica e sobre todo, combinar os recursos. Jesús Rodríguez, Mestre da facultade de Ciencias de Educación en Santiago e autor dalgunhas das investigacións levadas a cabo neste senso.
"Que se quere por exemplo, poder dispor tamén de recursos impresos e híbridos pois para traballar cuestións da lectura e tamén no marco doutras materias. O que non tería sentido é que a escola estivese indo por un lado e a sociedade por outro", matiza Jesús Rodríguez.
A división sobre o uso dos dispositivos dixitais nas aulas, chega nun momento convulso que obriga a comunidade educativa a repensar os seus efectos e as súas consecuencias.
"A utilización dos dispositivos dixitais non só se dá na escola, nun entorno controlado. Tamén hai unha exposición excesiva fóra da escola e ese é o problema", puntualiza Nerea Rodríguez, mestra de educación infantil no CEIP Canicouva.
Os expertos falan da dixitalización coma un concepto que non deberiamos demonizar. Senón reflexionar dende a tranquilidade, e axudándonos da investigación, para poder usala e comprendela dende un proxecto compartido que inclúa a toda a comunidade educativa, incluídas as familias.