A DXT avoga por reducir o transporte de mercadorías por estrada
A DXT avoga por reducir o transporte de mercadorías por estrada
En España a maioría do transporte de mercadorías viaxa por estrada
Só un 4 por cento deste tipo de transporte se fai por ferrocarril, cando a media europea se sitúa no 15 por cento
Reducir a circulación de camións por estrada é unha das tarefas pendentes que, segundo a Dirección Xeral de Tráfico, melloraría a seguridade viaria
Potenciar o transporte de mercadorías por ferrocarril para reducir os accidentes nas estradas. E non só mercadorías, desde a Dirección Xeral de Tráfico apostan polo tren como o medio de transporte máis seguro.
"A gran medida para reducir os accidentes de tráfico neste país é o AVE que levou milleiros de viaxes por estrada ao ferrocarril", asegurou Pere Navarro, director xeral de tráfico.
Mentres, seguen a aumentar os accidentes nas estradas, un 5 por cento máis no último ano, 896 falecidos a dous meses de rematar o ano.
Reducir nas cidades a velocidade a 30 serviu para mellorar cifras. Nun ano baixaron un 20 por cento os accidentes e atropelos nas cidades. Circular a 90 por vías secundarias tamén evitou accidentes, así que os límites de velocidade seguirán así.
O director xeral de tráfico, Pere Navarro, participou en Ourense, nunhas xornadas de delegados de pastoral da estrada. Expertos en seguridade viaria analizan, ata o xoves, as causas e as consecuencias dos accidentes, tamén no entorno das vítimas.