Publicador de contidos
Publicador de contidos

A DXT prevé máis de 2,7 millóns de desprazamentos en Galicia durante o Nadal

A DXT prevé máis de 2,7 millóns de desprazamentos en Galicia durante o Nadal

Tráfico puxo en marcha un operativo especial que se vai prolongar ata o 7 de xaneiro

No conxunto de España agárdanse case 20 millóns de movementos por estrada

Tráfico en Madrid tras o inicio do operativo especial. EFE/Juan Carlos Hidalgo Tráfico en Madrid tras o inicio do operativo especial. EFE/Juan Carlos Hidalgo
G24.gal 23/12/2023 08:54

A Dirección Xeral de Tráfico puxo en marcha un dispositivo especial para dar cobertura aos 19,7 millóns de desprazamentos previstos durante as festas do Nadal. En Galicia, agárdanse máis de 2,7 millóns de movementos por estrada.

O operativo está dividido en diferentes fases que coinciden coas principais festividades, en fin de semana. A do Nadal vai ata o luns 25 de decembro; a de Noitevella, do venres 29 ao 1 de xaneiro; e a de Reis, do 5 ao 7 de xaneiro.

Moitos dos desprazamentos, segundo informa a DXT, dirixiranse cara a segundas residencias, zonas de montaña, lugares de atracción para o turismo de inverno ou do Nadal e cara a áreas comerciais.

Medios técnicos e humanos

Para velar pola seguridade viaria, Tráfico fai unha despregadura especial de medios humanos e técnicos: 780 radares fixos e 545 móbiles de control de velocidade, 13 helicópteros, 39 drons, 245 cámaras e 15 furgonetas camufladas para controlar o uso de móbil e do cinto de seguridade.

Chegar tarde é mellor que non chegar

Tráfico lembra a incompatibilidade de tomar bebidas alcohólicas coa condución. Pide prudencia ao volante, especialmente nos traxectos curtos e nocturnos, e informarse das condicións meteorolóxicas antes de viaxar.

Por iso, tal e como reza a campaña tradicional da DXT para estas datas, insiste en que "chegar tarde é mellor que non chegar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar