A DXT recada 507 millóns de euros en 2022 e bate marcas
A DXT recada 507 millóns de euros en 2022 e bate marcas
Tramitaron 5.542.178 denuncias, o que supón un incremento do 15,6 % con respeto ao 2021
Unha de cada tres sancións está motivada polo exceso de velocidade
En Galicia, rexistráronse 516.035 sancións, medraron algo máis dun 1 %
Cunha recadación que supera os 500 millóns de euros, a Dirección Xeral de Tráfico bate marca en 2022. Foi o ano en que máis sancionou desde que hai rexistros. Tramitaron máis de cinco millóns e medio de denuncias.
"Sancións moitas, e eu creo que máis que recadar o que debería facer a DXT directamente é retirar permisos e que algúns deixen de conducir porque son un perigo", opina un condutor.
Unha de cada tres sancións foron por exceso de velocidade. Setecentas mil máis ca hai un ano. As que máis medraron, as dos radares móbiles.
"Vendo o estado das estradas usaranse para a protección dos condutores, si. Pero penso que máis que nada é para recadar", opina outro condutor.
E tamén hai quen engade "si que é verdade que ás veces hai radares en sitios estratéxicos con afán recadatorio".
A moita distancia, o máis sancionado foi circular coa ITV caducada ou desfavorable. E conducir sen permiso de circulación ou sen cinco de seguridade, dúas prácticas que seguen medrando.
"Eles fan o seu traballo. Nós, como condutores, temos que facer o noso", di outro condutor.
O estudo destaca como positivo a baixada á metade das sancións por conducir con presenza de drogas ou usando o móbil.
Pero de xeito parello advirten dun dato preocupante: soben máis dun 50% as multas a condutores que superaban a taxa de alcol permitida. E aí hai consenso.
"Aí si, porque iso hai que cortalo de raíz", apunta outro condutor.
A rexión máis sancionada foi Andalucía. En Galicia, rexistráronse 516.035. Medraron algo máis dun 1 % con respecto ao 2021.