Publicador de contidos
Publicador de contidos

A DXT remata este domingo a campaña de control de velocidade nas estradas

A DXT remata este domingo a campaña de control de velocidade nas estradas

Foi a causa do falecemento de 211 persoas o pasado ano nas estradas españolas

En Galicia morreron 88 persoas a causa de accidentes de tráfico en 2023

G24.gal 21/04/2024 10:15 Última actualización 21/04/2024 20:42

A campaña de control de velocidade que puxo en marcha a Dirección Xeral de Tráfico chega á súa fin na noite do domingo. A iniciativa tivo o obxectivo de concienciar sobre os riscos de circular a unha velocidade inapropiada, un factor que provocou a morte de 211 persoas en España o ano pasado, das cales 88 aconteceron nas estradas galegas.

E de todas as vítimas que houbo en Galicia, un terzo foron persoas vulnerables. É dicir, peóns, motoristas e ciclistas. A maioría das defuncións foron en estradas secundarias e por culpa de pisar de máis o acelerador.

A iniciativa que remata este domingo pretende concienciar dos riscos de circular a unha velocidade inapropiada. Precisamente para evitar esta situación, aumentáronse os controis, facéndoos cunha duración moi curta e buscando unha gran variedade de puntos, para que ao condutor lle dea a sensación de que podemos estar en calquera sitio", explicou José María Martínez, tenente da Garda Civil.

O tenente apuntou que "o incumprimento cos límites de velocidade, así como as distraccións cos mandos" son algunhas das principais causas de accidentes mortais. Ademais, puntualizou tamén na importancia do uso de chaleco reflector, posto que "case o 90 % dos falecidos non utilizaba esta prenda".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade