Publicador de contidos
Publicador de contidos

A DXT traballa nunha actualización dos sinais realizada con "criterios de igualdade"

A DXT traballa nunha actualización dos sinais realizada con "criterios de igualdade"

O catálogo non se actualiza dende hai 20 anos

Sinais con criterios de igualdade Sinais con criterios de igualdade
G24.gal 05/01/2024 12:05

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) está traballando na actualización dos sinais de tráfico, pois o catálogo actual está en vigor dende hai 20 anos, e o director xeral de Tráfico, Pere Navarro, considera "lóxico e razoable" actualizalo. Unha das novidades é que o cambio se realizará "con criterios de igualdade".

"Apareceron novas necesidades, dende patinetes, zonas de baixas emisións, limitacións por emisións e convén actualizar", argumentou Navarro nunha entrevista en Onda Cero.

Sobre introducir criterios de igualdade, lembrou que en moitos sinais "aparece o home e a muller é a que leva ao neno" e "como todo cambia e cambia moi rápido parece unha boa práctica (modificalo)" e facelo "cun pouco de sensibilidade e de igualdade".

Segundo indicou, existe xa un acordo co Ministerio de Transportes para modificar a sinaléctica e, nestes momentos, "estase no período de informe dos diferentes ministerios".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade