Publicador de contidos
Publicador de contidos

A economía española medra só un 0,3 % no primeiro trimestre do 2022

A economía española medra só un 0,3 % no primeiro trimestre do 2022

O consumo nos fogares contraeuse un 3,7 % neste primeiro trimestre, fronte ao crecemento do 1,5 % que rexistrara non último cuarto de 2021

G24.gal 29/04/2022 09:12

A economía española desacelerou o seu crecemento trimestral case dous puntos entre xaneiro e marzo ata situalo no 0,3 %, fronte ao 2,2 % do trimestre anterior, debido á caída do consumo.

Segundo acaba de publicar o Instituto Nacional de Estatística, o consumo nos fogares contraeuse un 3,7 % neste primeiro trimestre, fronte ao crecemento do 1,5 % que rexistrara non último cuarto de 2021. Nun trimestre marcado polos efectos da quinta onda da pandemia da covid–19 e pola crise enerxética derivada da invasión de Ucraína por parte do exército ruso.

Con todo, o crecemento interanual do PIB acelerouse case un punto, desde o 5,5 % ata o 6,4 %, como consecuencia dunha maior achega do sector exterior. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade