Publicador de contidos
Publicador de contidos

A EHE xa afecta oito comarcas gandeiras galegas

A EHE xa afecta oito comarcas gandeiras galegas

A doenza non supón ningún risco para a saúde das persoas

Os veterinarios piden traballar nunha vacina a curto prazo

G24.gal 25/10/2023 18:56 Última actualización 25/10/2023 19:47

Febre, perda de apetito, dor muscular ou dificultades respiratorias. É dicir, moi similar á gripe en humanos. Son algúns dos síntomas da enfermidade hemorráxica epizoótica, unha doenza chegada do norte de África e que é infecciosa, pero non contaxiosa, é dicir, só se adquire mediante a picada dun mosquito. Os veterinarios sinalan que só é mortal en casos extremos e que as vacas poden recuperarse plenamente, pero que causa perdas económicas elevadas.

Unha vez superada a enfermidade, os produtos gandeiros son plenamente aptos para o consumo humano. Polo tanto, non hai risco por consumir carne ou leite das vacas curadas. Ademais, a EHE non supón ningún risco para as persoas xa que non se contaxia en humanos por ningunha vía.

Os especialistas sinalan que desenvolver unha vacina será o método máis eficaz para erradicar unha doenza que se agarda vaia a menos coa chegada do frío. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade