Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Ertzaintza busca o agresor dunha muller embarazada de xemelgos asasinada en Vitoria

A Ertzaintza busca o agresor dunha muller embarazada de xemelgos asasinada en Vitoria

Os investigadores cren que se trata dun caso de violencia machista

Localizaron o seu corpo nun aparthotel canda outro fillo de tres anos, que estaba en bo estado

G24.gal 28/05/2023 20:10

A Ertzaintza busca o asasino da muller que apareceu morta este domingo nun aparthotel de Vitoria con signos de violencia e enmarca este crime dentro da violencia machista.

O Departamento vasco de Seguridade explicou nunha nota que a vítima tiña 32 anos e que é natural da capital arabesa. A investigación e a procura do seu agresor continúa aberta.

O cadáver da moza foi localizado este domingo nun apartahotel do grupo Libere situado na Avenida Gasteiz da capital arabesa. O seu corpo sen vida estaba nun dos cuartos do establecemento.

A policía científica desprazouse ata o lugar no que se achou o corpo da muller unha habitación do apartahotel, en que estaba tamén o seu bebé, que se atopa nun centro hospitalario para unha revisión completa.

A vítima, de nome Maialen, estaba embarazada dunhas catorce semanas de xemelgos. Segundo o rotativo vasco El Correo, xunto ao cadáver da nai foi atopado con vida a filla da falecida, de apenas tres anos. Fontes da investigación calculan que a menor pasou máis de doce horas na estancia, xunto ao cadáver da súa proxenitora. A estancia estaba chea de sangue.

A persoa que agora busca a policía é o pai dese menor e dos xemelgos que esperaba a vítima. A Policía Científica revisou os colectores de lixo próximos ao apartahotel da capital arabesa.

O alcalde de Vitoria-Gasteiz, Gorka Urtaran, mostrouse "totalmente consternado" polo asasinato machista sucedido na capital arabesa e tras expresar a súa condena por estes feitos, mostrou o seu "agarimo e solidariedade" á familia da muller asasinada.

O desta muller sería o segundo asasinato machista do anos en Euskadi.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade