Cargando resultados...
A erupción do volcán da Palma podería rematar tras dez días de inactividade
A erupción do volcán da Palma podería rematar tras dez días de inactividade
Durante a Noiteboa rexistráronse tres sismos de escasa magnitude
G24.gal
25/12/2021 11:59
O persoal científico podería dar por rematada a erupción do volcán da Palma nas próximas horas, aínda que iso non implique a fin da situación de emerxencia.
Este sábado cúmprense os dez días de inactividade do Cumbre Vieja, considerados imprescindibles para poder falar do punto final da erupción.
Aínda que as últimas horas poden cualificarse de tranquilas na Palma, o certo é que durante a Noiteboa houbo tres sismos de escasa magnitude. Nas coadas hai zonas moi quentes, con case douscentos graos de temperatura.
As autoridades advirten da existencia de gases tóxicos en moitos lugares, polo que de momento van manter a situación de emerxencia.