Publicador de contidos
Publicador de contidos

A escaseza de oferta eleva o prezo da pataca máis dun 10 % no que vai de ano

A escaseza de oferta eleva o prezo da pataca máis dun 10 % no que vai de ano

Desde o sector apuntan a escaseza de oferta como causa deste encarecemento

G24.gal 27/08/2024 21:47 Última actualización 27/08/2024 22:13

No seu supermercado Laura recoñece que hai quen se queixa polo prezo das patacas, que este ano van máis caras.

"A xente en vez de levar tanta cantidade pois leva un pouco menos porque houbo pouca produción e está máis cara. Nós estamos a vendela a 1,80 euros o quilo".

Con todo, ela, que tamén é produtora, ofrece a menor prezo -a un euro- aquelas pezas que á vista gustan menos. E a súa clientela agradéceo, aínda que coñecen ben e valoran o traballo do campo. 

En Coristanco o prezo en orixe que se lle paga ao agricultor é de 1,5 euros o quilo.

Desde o sector apuntan a escaseza de oferta como causa deste encarecemento.

A chuvia atrasaron a sementeira e reduciron a produción.

"Tiveron mala produción en cantidade porque a terra non tiña a calor que debería ter e o resto que plantamos fixémolo máis tarde", explica Juan Ramón Sanjurjo, presidente de Produtores de Pataca de Coristanco.

El mesmo recoñece que a estas alturas debería ter recollido entre o 20 ou 25 % da súa produción e aínda non apañou ningunha. 

A medida que a campaña de recollida avance confían en que os prezos se reaxusten e mesmo baixen un pouco.

"De calidade sempre adoitamos ter boa calidade. Para nós o maior problema sería se tivesen vermes ou algunha praga dalgún insecto, pero non. Están vindo sas", asegura Juan Ramón Sanjurjo.

E Laura ratifica: "A que hai é estupenda. O único problema é que hai pouca". 

Dinnos que a produción está garantida e chegará a tempo para que en menos de tres semanas Coristanco celebre a súa Festa da Pataca.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade