Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Facultade de Veterinaria de Lugo fai 40 anos convertida nun referente europeo

A Facultade de Veterinaria de Lugo fai 40 anos convertida nun referente europeo

Máis de 4.500 veterinarios titulados formáronse no centro lugués

Actualmente xestionan 16 proxectos de investigación e contan con 90 docentes

G24.gal 29/10/2024 20:29 Última actualización 29/10/2024 20:57

De aulas masificadas a un edificio de 50.000 metros cadrados. Da carencia de medios a liderar a investigación xenómica. Dunha escola de formación a facultade con certificado europeo de calidade. En catro décadas Veterinaria converteu Lugo nun referente, especialmente no vacún e con alumnos destacados.

"Temos exalumnos que están de catedráticos en Inglaterra ou nos Estados unidos, de directores de multinacionais ou liderando proxectos de investigación", di o actual decano, Gonzalo Fernández.

16 grupos de investigación, 600 alumnos e 90 docentes son algunhas cifras dunha facultade da que xa saíron 4.500 veterinarios titulados. O apoio institucional tamén foi clave para proxectos como a granxa experimental ou o hospital veterinario. 

"Creo que todo saíu adiante porque puxemos moito esforzo e estabamos convencidos de sacalo adiante. Botamos moitas horas aquí.", conta Alberto Cepeda, profesor da primeira promoción.

Hoxe o 80 % do alumnado son mulleres e a maioría dos estudantes opta polas mascotas e non polas vacas. Un signo dos tempos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade