Publicador de contidos
Publicador de contidos

Noa e Mateo desbancan a Mónica e Xosé Manuel medio século despois

Noa e Mateo desbancan a Mónica e Xosé Manuel medio século despois

Ningúns dos nomes máis comúns en Galicia nos anos setenta está hoxe en día entre os máis frecuentes

G24.gal 13/10/2024 14:17 Última actualización 13/10/2024 19:39

Sonoridade e significado son dous dos criterios nos que se basean os proxenitores á hora de escoller os nomes para as súas fillas e fillos. Pero o que hai décadas soaba moi ben, agora xa non é tanto, porque cos nomes tamén hai modas e tendencias.

No 1970 Mónica, María Xosé e Ana María eran os nomes máis comúns en Galicia para as mulleres; Xosé Manuel, Manuel e Xosé Antonio para os homes; ningún deles está hoxe en día entre os máis frecuentes.

Segundo o Instituto Galego de Estatística agora os nomes elixidos son Mateo, Martín e Hugo, e Noa, Sofía e Martina.

O párroco de Santiago A Nova, en Lugo, comenta que na actualidade moitos escollen os nomes dos descendentes polos que escoitan nos medios de comunicación. Coas persoas migrantes chegaron tamén os nomes "exóticos" aos que non estabamos afeitos.

Pero para nomes raros, o caso duns pais que formaron o nome do seu fillo a partir das iniciais dos seus seres queridos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade