A exposición Walk This Way trae a esencia dos zapatos antigos á Coruña
A exposición Walk This Way trae a esencia dos zapatos antigos á Coruña
Son 100 pares de pezas pertencentes a unha colección nunca antes presentada fóra dos Estados Unidos
A mostra pódese ver na Fundación Barrié ata o 7 de xaneiro
Están e estiveron sempre tan metidos no noso día a día, que os zapatos poden volver do pasado e contar historias case infinitas. Tal é o espírito da exposición 'Walk This Way: A colección privada de calzado histórico de Stuart Weitzman', inaugurada na Coruña, na Fundación Barrié.
Podemos contemplar zapatos como estrelas de cine e zapatos que levaron estrelas de cine. Uns que foron de Ginger Rogers, uns deseñados para Sofía Loren e outros para David Bowie, zapatillas que pertenceron á raíña Vitoria e botíns que na época vitoriana tapaban nocellos.
É século e medio de historias e cambios con 100 pares de zapatos antigos da New-York Historical Society. Unha mostra que nos permite ver como ía cambiando o calzado segundo ían cambiando os tempos.